cortesía
(< cortés)
-
s
f
Calidade de cortés. Na tradición oral recóllense ditos como: “A cortesía custa pouco e vale moito. A cortesía é de quen a dá, e non de quen a recibe. A cortesía é señora do mundo. A cortesía non priva a valentía. A moita cortesía é moitas veces falsía. Cortesía Deus a manda. Despois que eu bebo, quen quere auga?, cortesía e falar ben, custa pouco e viste ben”.
Ex: A cortesía desa moza é algo que aprendeu da súa familia.
Sinónimos: corrección, finura. Confrontacións: urbanidade. -
s
f
Conxunto de normas de comportamento que se seguen no trato social para amosar consideración ou respecto cara a alguén.
Confrontacións: urbanidade. -
s
f
Agasallo, cesión ou ofrecemento realizado como mostra de amabilidade.
Ex: Tras subscribirme enviáronme os dous primeiros exemplares por cortesía da empresa.
-
s
f
[LING]
Estratexia racional de comunicación que o falante utiliza para evitar situacións de conflito. Consiste nun uso deferente da lingua.
Refráns
- A cortesía custa pouco e vale moito.
- A cortesía Deus a manda.
- A cortesía é de quen a dá e non de quen a reciba.
- A cortesía é señora do mundo.
- A cortesía non priva a valentía.
- A culler chea quere a boca baleira.
- Á persoa maior non lle respondas Si, senón Si, señor.
- Cortesía e falar ben custa pouco e viste ben.
- Dar un ollo porque ao inimigo lle saquen outro.
- Entre amigos e soldados, comprimentos excusados.
- Non entres de romplón na casa allea; chama dende afora e espera.
- Non metas as mans no prato antes que as meta o teu amo.
- Onde se ha de obedecer é escusada a cortesía.
- Pan adentado non se pon na mesa.
- Pequeno fuches; grande vas; fágoche a cortesía e vólvome atrás.