Corti, órgano de

Corti, órgano de
[ANAT]

Órgano do oído interno que transforma a onda sonora nun fenómeno fisiolóxico. Está constituído por un conxunto de células: unhas sensoriais, provistas de pestanas, e outras de sostemento. Descansa por riba da membrana basilar, dentro do caracol membranoso. Recibe o nome do anatomista italiano Alfonso Corti (1822-1876).

Palabras veciñas

Cortez | Cortez, Alberto | Cortezón Álvarez, Daniel | Corti, órgano de | cortic(i/o)- | corticado -da | cortical