cortisol
cortisol
(
s
m
[BIOQ]
Hormona glicocorticoide segregada pola codia suprarrenal de moitos mamíferos. Ten funcións antiinflamatorias e inmunosupresoras, e emprégase para o tratamento de enfermidades inmunolóxicas, asma, insuficiencia corticoadrenal, cadros alérxicos e enfermidades neoplásticas. A súa concentración no sangue vén regulada polo hipotálamo e a hipófise mediante un sistema que inclúe a hormona adrenocorticotrópica. Utilizado en grandes doses e durante períodos prolongados pode causar retención de sales, acumulación de auga nos tecidos, descalcificación ósea e algún outro efecto secundario, coñecidos en conxunto como síndrome de Cushing. Tamén se coñece co nome de hidrocortisona.