cortisona
cortisona
(< lat cortex -icis ‘codia,cortiza’ + 2 -ona)
s
f
[BIOQ]
Hormona glicocorticoide segregada pola codia suprarrenal. Presenta unha función e uns efectos semellantes aos do cortisol. De feito, só amosa a súa actividade cando, no fígado, se converte nese composto. En terapéutica substitúese a miúdo por esteroides sintéticos por mor dos seus numerosos efectos secundarios indesexables.