Cortizas Amado, Antón

Cortizas Amado, Antón

Escritor e dramaturgo. Publicou diversas pezas para o público máis novo, como O coleccionista de sombras (Premio Xeración Nós de teatro infantil 1987, 1990) ou O incrible invento de Solfis, o pianista (Premio Xeración Nós de teatro infantil 1990, 1994). Outros textos seus son Romance de Bernal o francés (Accésit do I Concurso de Obras Teatrais Inéditas Camiño de Santiago 1994, 1995); e Un dragón no camiño (historia incrible pero certa, para ser representada por un grupo de faranduleiros a pequenos e grandes, mesturando monicreques e sombras chinesas nunha escenificación deslumbrante e talvez enmeigadora) (1995), finalista do I Concurso de Obras Teatrais Inéditas Camiño de Santiago no ano 1994. No campo da narrativa publicou Memorias dun río (Premio Barco de Vapor, 1978), A merla de trapo (Premio Merlín 2001) ou Cázame ese pensamento! (2001).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol