Coruña, San Xurxo da

Coruña, San Xurxo da

Igrexa parroquial situada na Coruña. Ata 1838, a freguesía de san Xurxo tivo a súa sé nun templo situado nun terreo do Teatro Rosalía Castro. Pertenceu ao desaparecido colexio dos xesuítas e, dende a expulsión da orde (1774), ao convento de Santo Agostiño. Construída entre 1725 e 1766 segundo as trazas de Domingo de Andrade (1693) e Fernando de Casas (1724), o deseño da fachada atribúeselle a Clemente Fernández Sarela (1767). De orde toscana, presenta planta de cruz latina con capelas laterais unidas entre si amodo de naves, con cuberta de bóveda de medio canón con lunetos e no cruceiro unha bóveda de aresta. No interior destacan os retablos dos ss XVIII e XIX. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1975.