Coruña Moderna
Coruña Moderna
Semanario que apareceu o 6 de marzo de 1905 e que cesou en xaneiro de 1906, despois de publicar 44 números. Informaba sobre a actualidade política da Coruña e de Madrid, especialmente do goberno dirixido por Maura. Entre as seccións figuraban “De cocina”, “Memorándum de la semana” e “Marinedina”, que contiña artigos sobre temas de actualidade mesturados con ironía e composicións poéticas, case sempre asinados polo pseudónimo El ciego de la esquina. Colaboraron, entre outros, Eduardo Pondal, Valle-Inclán -que publicou nesta revista un fragmento da Sonata de Otoño-, Emilia Pardo Bazán, Enrique Labarta e W. Fernández Flórez.