Corythosaurus
Corythosaurus
[PALEONT]
Xénero de hadrosáuridos de ata 9 m de lonxitude, co fociño longo e aplanado nun peteiro desprovisto de dentes na parte anterior. Presentaba unha curupela ósea semicircular e oca con condutos internos de aire e de ata 30 cm de altura, relacionada coa emisión de voces para a comunicación da manda. Alimentábase, sobre as catro patas, de acículas de coníferas e das follas das primeiras magnoliofitinas e, en caso de fuga, corrían sobre as patas traseiras. Viviron no Cretáceo e os xacementos máis importantes están no norte de América.