Corzán

Corzán

Río afluente do Tambre pola dereita. Nace a 480 m de altitude, no monte do Pedregal, da parroquia da Pena (concello de Negreira). O seu curso adopta unha dirección N-S coa que drena as parroquias de Aro, Liñaio, Arzón e Lueiro. Desemboca no lugar de Barbazán, entre as parroquias de Liñaio e Lueiro, 750 m augas abaixo do encoro Barrié de la Maza, logo dun percorrido duns 9 km.