Corzón, San Cristovo de

Corzón, San Cristovo de

Igrexa parroquial situada en Mazaricos. Construída en estilo románico no s XIII, modificouse en séculos posteriores. Trátase dun templo cunha soa nave con cuberta de madeira e cun coro alto que se substituíu por un de formigón no s XX. A ábsida cóbrese con bóveda de canón. O arco triunfal é de medio punto. Tanto no interior como no exterior o edificio caracterízase pola ausencia de vans. A espadana ten dous arcos de medio punto e un coroamento calado; o máis destacable é que está illada da igrexa.