Cosenza

Cosenza

Capital da provincia homónima, situada na rexión de Calabria, Italia (75.033 h [1999]). Importante centro industrial e agrícola (viña e oliveiras), destaca a fabricación de mobles, a construción e os tecidos (la). Correspóndese coa antiga Cosentia, capital do Brucio, que foi sometida polos romanos no 204 a C e dominada despois, sucesivamente, por bizantinos, sarracenos e normandos. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral medieval, reconstruída no s XVIII, e o castelo do s XII.