Cosme I de Toscana

Cosme I de Toscana

Duque de Florencia (1537-1574) e gran duque de Toscana (1569-1574). Fillo de Giovanni Medici, chamado dalle Bande Nere (das Bandas Negras), e membro dunha rama colateral dos Medici. Despois do asasinato do duque de Florencia Alexandre I (1537), foi nomeado xefe da República e gobernou contando coa axuda da asemblea, do consello e do senado. Fracasou no intento de apoderarse de Lucca e do Piombino, pero no 1555, despois dun longo asedio, ocupou e anexionou a República de Siena. Estableceu un eficaz aparato de goberno sobre Toscana, centralizou todos os servicios públicos no edificio dos Uffizi e emprendeu melloras agrarias e navais. Mantivo as súas alianzas co Emperador Carlos V e co seu fillo Filipe II, aínda que tamén mantivo boas relacións cos franceses e co papado, que recaía noutro Medici, Paulo III. Exerceu o mecenado sobre un notable conxunto de artistas, como Bertomeu Ammannati, Pontorno e Bronzino, e favoreceu os estudios ling|üísticos co establecemento da Academia de Florencia.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Florencia

  • Deceso

    Lugar : Castelo, Florencia