cosmético -ca

cosmético -ca

(< grκοσμητικός)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao coidado, á conservación e ao embelecemento do cabelo, da pel, dos dentes, das unllas e doutras partes do corpo ou que ten esta finalidade.

  2. s m

    Produto ou preparado de aplicación externa empregado polas súas calidades cosméticas. Poden empregarse para o tratamento da pel, para a limpeza e branqueo dos dentes, para maquillaxe, para tinguir o pelo ou as unllas, para fixar o peiteado ou para dotar de brillo o cabelo. Outros cosméticos son, por exemplo, os desodorizantes, os produtos de perfumería, os produtos para protexer a pel dos efectos do sol ou para intensificar o bronceado, etc.

    Sinónimos: afeite, enfeite.

Palabras veciñas

Cosme, san | Cósmede | cosmética | cosmético -ca | cósmico -ca | cósmido | cosmo-