cósmico -ca
(< lat cosmĭcu < grκοσμικός, deκόσμος ‘mundo’)
-
adx
Relativo ou pertencente ao cosmos.
-
factor cósmico de escala
[FÍS]
ariable que explicita o tamaño do Universo en función do tempo. Está relacionada co parámetro de desprazamento cara ao vermello z mediante a expresión l+z=R(t 0 )/R(t 1 ), onde t 0 é o tempo actual e t 1 o tempo no que se emitiu a radiación agora desprazada. A súa variación temporal ten relación co parámetro de desceleración cósmica.
-
raios cósmicos
[FÍS]
Conxunto de partículas de grande enerxía que inciden sobre a Terra procedentes do espazo exterior. Os raios cósmicos primarios chocan coas partículas existentes nas altas rexións atmosféricas e producen os raios cósmicos secundarios. Detéctanse mediante as cámaras de néboa, as cámaras de ionización, os contadores de Geiger-Müller, as emulsións fotográficas e outro tipo de detectores. A súa enerxía media é de 2 GeV por partícula, e téñense detectado de ata 10 11 GeV. A súa abundancia relativa diminúe regularmente coa enerxía. A maior parte están compostos de protóns, ao redor do 10% de núcleos de helio e un 1% de núcleos pesados, e a súa densidade é de 10 -33 g/cm 3 . Pódense considerar de orixe galáctica, posiblemente emitidos polas novas e supernovas, por estrelas xigantes vermellas e, quizais, tamén polas estrelas magnéticas de Babcock. Tamén se comprobou a procedencia extragaláctica do 0,1 ao 0,01% da radiación cósmica. A comezos do s XX constatouse a detección de 10 ións/cm 3 s no aire confinado na envoltura hermética dun electroscopio que produce a súa descarga gradual. En 1910 Gockel probou que a taxa de produción de ións aumentaba coa altura, efecto explicado posteriormente por Vic22tor F. Hess. Máis adiante, Millikan comprobou o seu gran poder de penetración e Clay demostrou en 1927 que a súa intensidade mingua coa latitude xeográfica. O uso de novas técnicas permitiu, entre outros, o descubrimento do positrón (por Anderson, en 1932), a confirmación do pión negativo (por Neddermeyer-Anderson, en 1936), o descubrimento do muón negativo (por Powell e Ochiallini, en 1947) e o do muón neutro e a súa desintegración γ. Os electróns atopáronse, por primeira vez, en 1961 nos raios cósmicos; un ano despois identificáronse raios X, feito que levou ao descubrimento de fontes discretas de raios X.