Costa, Alfredo Nobre da
Costa, Alfredo Nobre da
Político e empresario. Licenciado en Enxeñería Mecánica polo Instituto Superior Técnico (1946), ampliou estudios no Imperial College de Londres. Foi secretario de Industria Pesada no sexto goberno provisional (1976), ministro de Industria e Tecnoloxía no primeiro goberno constitucional (1977) e primeiro ministro do terceiro goberno constitucional (1978), baixo a presidencia de Ramalho Eanes. Pertenceu ao Conselho de Estado. En 1980 presidiu a comisión da candidatura á presidencia de Eanes e en 1985 propuxo a candidatura de Mário Soares. Despois de abandonar a política, dedicouse ao mundo empresarial.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lisboa -
Deceso