Costa, Daciano
Costa, Daciano
Arquitecto e deseñador. Estudiou na Escola de Artes Decorativas de António Arroio (1943-1948), da que foi profesor, e pintura na Escola Superior de Belas-Artes de Lisboa, onde exerceu dende 1976 como profesor na sección de arquitectura. Foi tamén profesor na Sociedade Nacional de Belas-Artes (1968) e na facultade de Arquitectura da Universidade Técnica de Lisboa. O seu traballo centrouse no campo do deseño de interiores. Entre as súas intervencións destacan o reitorado da Universidade de Lisboa (1960) e a oficina da TAP en Madrid.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lisboa