Costa, San Miguel de
Costa, San Miguel de
Igrexa parroquial situada en Rois. Da primitiva construción románica conserva no muro da capela maior unha seteira e un agnus dei moi basto, labrado no hastial. O templo ten planta rectangular cunha única nave e unha capela maior. En 1690 construíuse a bóveda, ao longo do s XVIII reformouse a igrexa e en 1817 engadiuse a sancristía. Na fachada principal destaca unha fornela que acolle unha imaxe identificada con san Martiño pero realizada en época anterior á construción da portada.