Costa Blanca

Costa Blanca

Denominación turística oficial da costa das provincias de Alacant, Murcia e Almería. Esténdese desde o cabo de La Nao, ao S, ata cabo de Gata, ao N. O seu clima é moi suave (media anual de 18°C), de elevada insolación e escasas precipitacións. A iniciativa privada fixo desta área un importante destino turístico, frecuentado sobre todo por estranxeiros e madrileños. As vilas máis importantes son Benidorm, Torrevieja, Guardamar del Segura, Villajoyosa, Altea e Calpe.