Costa Buján, Pablo
Costa Buján, Pablo
Arquitecto. Profesor titular do departamento de Representación e Teoría Arquitectónica da Universidade da Coruña, exerceu como docente na Escuela Taller de Restauración del Patrimonio Artístico, Cultural y Natural de Santiago de Compostela. Entre outras obras, dirixiu a remodelación da Casa da Parra en Santiago de Compostela, a reparación das cubertas da catedral compostelá e a restauración do castro de Baroña. Colaborou nas revistas Obradoiro e Cadernos A Nosa Terra de pensamento e cultura, e escribiu, entre outras obras, Santiago de Compostela 1850-1950: desenvolvemento urbano outra arquitectura (1989), Imaxe de Compostela: unha cidade de pedra nas vellas fotografías (1991) e Compostela memoria fotográfica (1996).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela