Costas González, Xosé Henrique
Lingüista. Doutorouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (1995) coa tese Aproximación diacrónica e sincrónica ao estudo das sibilantes en galego. Profesor de lingua galega na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (desde 1995), foi bolseiro investigador do Instituto da Lingua Galega (1984-1985), da Escola de Tradutors i d’Intèrprets da Universitat Autónoma de Barcelona (1991) e da Comisión Europea para as linguas menos estendidas. Foi coordinador do proxecto de investigación Estudio lingüístico, etnográfico y antropológico del Val do Río Ellas (Cáceres), que obtivo o I Premio do Certamen de Jóvenes Investigadores (1993). Especialista na fala do val do río Eljas (Cáceres), publicou, entre outros, os artigos “Os subsistemas sibilantes no galego do Val do Río Ellas” (1998), “Valverdeiro, lagarteiro e mañego: o ‘galego’ do Val do Río Ellas (Cáceres)” (1999), “Toponimia galega no Val do Río Ellas” (1999), “Tipoloxía das falas do Val do Río Ellas” (2000) e “Aspectos sociolingüísticos das falas do Val do Río Ellas” (2000). É membro do consello de redacción das revistas Anima+l, Estudios de Sociolingüística e Lingua e Dereito. É autor, entre outras, das obras Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia segundo os alumnos da segunda etapa de EXB (1986), Galego Coloquial (1986), Herba aquí e acolá (edición do poemario de Álvaro Cunqueiro, 1991), 1.000 nomes galegos (1991), Dicionario galego de sinónimos (1997) e The Galician Language in Education in Spain (2001).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo