Costas Rodríguez, Rodrigo

Costas Rodríguez, Rodrigo

Técnico de turismo e árbitro internacional de balonmán. Principiou a súa carreira deportiva en 1968. En 1973 ascendeu á División de Honor, máxima categoría do balonmán español. En 1978 acadou a categoría internacional, na que, entre 1978 e 1999, dirixiu máis de 300 partidos oficiais de clubs e máis de 100 entre seleccións nacionais de todas as competicións; entre eles destacan as fases finais de tres campionatos mundiais sénior masculinos (1979, 1986 e 1990), dous campionatos mundiais júnior masculinos (1981 e 1995) e un júnior feminino (1993), dous Xogos do Mediterráneo (1991 e 1993; nun deles arbitrou a final), uns Xogos da Commonwealth (Edimburgo 1998, nos que dirixiu a final) e a final da primeira Copa Intercontinental (Qatar, 1998). Tamén participou como anotador-cronometrador nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Polo que respecta ás competicións de clubs, dirixiu unha final da Liga Europea feminina (1999) e unha final da Copa City masculina (1996). No ámbito español, ao longo de 29 tempadas na División de Honor -a requerimento unánime da asemblea de clubs prolongou a súa actividade despois de ter cumprida a idade regulamentaria-, dirixiu máis de 500 partidos de liga (incluídos varios de eliminatoria final), así como seis finais da Copa do Rei (1982, 1985, 1986, 1994, 1996 e 1998), catro finais da Copa da Raíña (1993, 1995, 1998 e 2000), catro finais da Copa Asobal (1991, 1995, 1997 e 1999) e dúas finais da Supercopa de España masculina (1997 e 2001). Ademais, en 1998 arbitrou a final da Liga de Tunisia. Recibiu dúas distincións da Asociación de la Prensa Deportiva e o Premio na Gala do Deporte de Vigo e Comarca, así como a nominación para a elección do mellor deportista galego.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sárdoma, Vigo