Cosus
Cosus
[MIT]
Deus guerreiro prerromano da área galaico-lusitana, relacionado co exercicio da soberanía. O achado de inscricións de época romana referidas a esta divindade en Brandomil e Serantes parecen indicar un culto abundante pero limitado a zonas próximas á costa. Segundo algúns investigadores, formaba parte, xunto con Bandua, do conxunto de divindades indoeuropeas vinculadas á guerra. Como deus protector das confrarías de guerreiros, o seu culto sobreviviu á conquista romana e practicárono os lexionarios galaicorromanos, que o asimilaron a Marte.