1 cota

1 cota

(

    1. s f

      Antiga peza de vestir longa e con mangas semellante a unha bata, que cubría o corpo dende o pescozo ata case os pés. Usábana tanto os homes coma as mulleres e, entre as clases privilexiadas, adoitábase adornar con peles polos costados.

    2. cota de armas/armar

      Túnica exterior e lixeira sen mangas que se levaba sobre o arnés cinguida por un cinto, con aberturas en ambos os lados. Utilizábase para impedir que o sol quentase a armadura, que a chuvia penetrase nas mallas e como obstáculo fronte ás frechas inimigas. A finais do s XIII blasonáronas cos emblemas heráldicos sobrepostos ou bordados que servían para recoñecer a estirpe do guerreiro. Orixinariamente era característica dos cabaleiros, despois empregárona os homes de armas que a levaban coas cores do seu capitán. O seu uso era obrigatorio nas batallas persoais e nos torneos para poder identificar os loitadores. Dende o s XVI usárona só os heraldos de armas, adornadas cos emblemas do reino ao que pertencían. Na heráldica, a cota de armas do cabaleiro está simbolizada polo bordo que arrodea o campo do escudo e que concedían os reis -como sinal de protección, favor e recompensa- aos esforzados guerreiros que saían do combate manchados coa sangue do inimigo.

    3. cota de malla/mallas

      Peza de vestir usada polos guerreiros medievais que lles cubría todo o corpo desde a cabeza aos pés, elaborada con arames de ferro entretecidos. Constituía unha protección lixeira contra as armas brancas e podíase complementar co casco, con coirazas e outras pezas de armadura que se colocaban enriba dela. Os normandos foron os primeiros en empregala, e o seu uso xeneralizouse no s XIII.

  1. s f

    estidura litúrxica semellante a un sobrepeliz cunha abertura cadrada para a cabeza, usada sobre todo polos acólitos.

Formas incorrectas

cupo

Palabras veciñas

costurón | Cosus | Cosyn, Jan | 1 cota | 2 cota | 3 cota | Cotá