3 cota

3 cota

(

    1. s f

      Cantidade de cartos que lle toca pagar a cadaquén nun gasto común, no pagamento dun imposto ou como contribución a algún colectivo no que se participa para o seu mantemento.

      Ex: Na orde do día figura a suba da cota ós asociados.

    2. cota sindical

      Contribución económica dos traballadores afiliados a un sindicato, destinada a cubrir os gastos de organización e das actividades sindicais.

    3. cota tributaria

      Cantidade que debe ser aboada ao ente público en concepto de tributo, como resultado de aplicar o tipo impositivo á base. Non coincide necesariamente coa débeda tributaria, ao estar esta integrada, ademais da cota, polos recargos legalmente esixibles, os intereses de demora, as recargas por aprazamentos ou prórrogas, as recargas de prema e as sancións producidas.

  1. s f

    Cantidade máxima establecida de persoas ou cousas.

    Ex: A afluencia de público superou as cotas de participación en certames anteriores.

  2. s f [ECON]

    Cantidade de bens ou servicios que se poden exportar ou importar no comercio internacional.

  3. s f [ECON]

    Cantidade máxima que se pode producir ou capturar dun ben, determinada polas autoridades gobernamentais. O seu obxectivo é evitar a caída dos prezos por mor dunha superprodución, favorecer a entrada nos mercados dos produtos de determinadas áreas que, noutras circunstancias, quedarían relegados polos seu competidores ou, no caso de produtos que se cazan, pescan ou colleitan sen sementalos antes, protexer as poboacións e garantir unha serie de condicións precisas para a súa reprodución.

  4. s f [XEOG]
    1. Altura dun punto.

    2. Número que nos planos topográficos representa a altitude dun punto respecto a un nivel de base, xeralmente o nivel do mar, ou ben respecto dalgún outro plano convencional que se poida tomar eventualmente como orixe de altitudes.

  5. s f

    Cada unha das cifras que indican as dimensións do obxecto representado en debuxo técnico.

    1. s f

      Nivel cuantitativo ou cualitativo.

      Ex: Os prezos das vivendas acadaron cotas imprevisibles. Os datos revelan que a calidade de vida non acada a cota doutros países.

    2. cota de pantalla [COMUN]

      Porcentaxe de participación da audiencia nun programa.

  6. s f

    Parte dunha totalidade que corresponde a cadaquén.

    Ex: É un proxecto colectivo no que cada individuo pode escoller a súa cota de participación.

  7. cota litis [DER]

    Pacto polo que un litigante acorda co seu avogado que os seus dereitos e honorarios sexan satisfeitos cunha parte alícuota do obxecto do proceso, no caso de que a sentenza recaia favorable.

  8. cota viuval [DER]

    Nome do lexítimo usufrutuario do cónxuxe sobrevivente, no caso de que non se deixase testamento.

Formas incorrectas

cupo

Palabras veciñas

Cosyn, Jan | 1 cota | 2 cota | 3 cota | Cotá | Cota, A | Cota, Rodrigo de