Cotonou
Cotonou
Capital da provincia de Atlantique, Benin, situada preto da baía de Benin, no Golfo de Guinea (536.827 h [1992]). Constitúe a aglomeración máis grande do Estado e o centro económico máis importante, con industrias téxtiles, químicas e alimentarias.