Coty, René Jules Gustave

Coty, René Jules Gustave

Avogado e político francés. Logo de estudar dereito e filosofía na Université de Caen, iniciou a súa andaina política en 1902 en diferentes postos da administración local de Le Havre. Entre 1923 e 1935 foi deputado e entre 1935 e 1940 senador. Foi ministro da Reconstrución no goberno de Robert Schuman (1946) e un dos redactores da Constitución de 1946. Entre 1953 e 1959 foi o segundo e último presidente da IV República e estivo á fronte de oito gobernos inestables e de diferente signo político. Así mesmo, o seu mandato estivo marcado pola fin da Guerra de Indochina (20.7.1954) e a crise alxeriana (1958). En 1959 traspasou os poderes a De Gaulle, a quen nomeara primeiro ministro en 1958, e pasou a formar parte do Tribunal Constitucional.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Le Havre

  • Deceso