Couceiro Méndez, Antonio
Couceiro Méndez, Antonio
Enxeñeiro e político. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos (1978), diplomouse en Dirección Xeral de Empresas (1983) e en Planificación e Administración de Empresas (1985) pola Universidad Politécnica de Madrid. Foi director técnico de Construcións Metálicas José González Gómez (1979-1981) e director xerente de Xestión Urbanística da Coruña SA (1981-1990). Membro do Partido Popular (PP), foi director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS, 1990-1993) e director xeral de Formación e Emprego (1993-1994). Foi conselleiro de Industria e Comercio (1994-1999) e membro do Parlamento de Galicia (1997-1999). Dende outubro de 1999 é presidente da Autoridade Portuaria da Coruña e presidente do Partido Popular da provincia da Coruña.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña