Couceiro Pérez, Xosé Luís

Couceiro Pérez, Xosé Luís

Filólogo. Docente na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, licenciouse en Letras polas universidades de Navarra e Santiago de Compostela e doutorouse en 1973 (El habla de Feás -anexo 15 de Verba-, 1976). Membro do Instituto da Lingua Galega desde 1971, colaborou con esta institución na elaboración dos métodos Galego I, Galego II e Galego III. Comezou a súa investigación no ámbito da lingua galega con traballos como “Notas etno-lingüísticas en torno a la pesca de río en Galicia (río Mandeo)” (1974) ou “As vocáis e, o en rima na obra de Curros” (1977). Posteriormente, orientou a súa produción científica cara á literatura galega medieval: “Historia de la literatura gallega medieval” (Galicia Eterna, 1988); “Lírica medieval” (Galicia Eterna, 1978); “Un uomo non volgare” (1984), no que destaca o labor desempeñado polo humanista Angelo Colocci na conservación da lírica profana galego-portuguesa; “Cita na illa” (1998), que analiza o motivo poético do encontro dos namorados na cantiga de amigo; “Notas a unha cantiga dionisíaca” (1991) ou “A edición da cantiga de Mendinho” (1998). No tocante á literatura dos Séculos Escuros, publicou “Atribución indebida” (1998), artigo que reinvidica a importancia da autora Isabel de Castro e Andrade. En canto á prosa de Afonso X escribiu, en colaboración con Ramón Lorenzo, “Correccións á edición da General Estoria de Ramón Martínez López” (1999).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Feás, Aranga