Cousas Nosas

Cousas Nosas

Publicación editada polo Club de empleados de Casa de Galicia en Montevideo a partir do 1 de outubro de 1956. Coordinada por Antonio Paleo Fernández, contaba coa colaboración de Nélida Prado, Ana Mª Núñez, Rubén Montes, Manuel Chao, Antonio Rey Trigo, Manuel G. Terán e Francisco López Maseda, entre outros. O seu primeiro número saíu como homenaxe aos fundadores da sociedade que celebraba o seu 39 aniversario. Incluíu ademais retratos, algunha fotografía do local social e debuxos de motivos galegos.