Couso

Couso

Río afluente do Avia pola dereita. Nace a 500 m de altitude na parroquia de Couso (concello de Avión), da confluencia de varios regos que baixan da serra do Suído. Discorre aproveitando os accidentes tectónicos e variando a dirección do seu curso do mesmo xeito ca eles, aínda que a súa tendencia xeral debuxa unha traxectoria O-L. Desemboca no encoro de Albarellos, logo dun percorrido duns 5 km.