Coutard, Raoul
Coutard, Raoul
Director de fotografía e realizador cinematográfico. A súa fotografía realista imprimiulle un ton estético á Nouvelle Vague. Colaborou, entre outros, con J. L. Godard, F. Truffaut, J. Démy e P. Schöndorfer. Participou en diversos documentais e filmes como, Paradis Terrestre (Paraíso terrestre, 1956), Le petit soldat (O pequeno soldado, 1960), Alphaville (1965), Passion (Paixón, 1981), La femme fardée (A muller maquillada, 1990) e Chaque jour est Nöel (Cada día é Nadal, 1996). Recibiu os premios Press Film Kritik de Múnic (1961) e International Award da American Society of Cinematographers (1967) a nivel internacional; e o Cesar de fotografía (1977) e o Premio da Comisión Superior Técnica de Cannes (1982), ambos os dous en Francia.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París