Covarrubias, Alonso de
Arquitecto. Despois da súa formación escultórica dedicouse á arquitectura. A súa arte evolucionou dende o predominio do elemento ornamental ata o dominio do elemento construtivo. En 1512 foi un dos conselleiros do cabido de Salamanca para a construción da catedral. Entre as súas obras destacan a igrexa da Piedad de Guadalajara (1526) e o palacio arcebispal de Alcalá de Henares (1530?-1540). En 1534 nomeárono mestre da catedral de Toledo, onde realizou a capela dos Reyes Nuevos (1531-1534). Como mestre do Alcázar toledano, traballou na fachada sur (1546), no patio (1550-1557) e trazou a escaleira imperial. Encargouse tamén do Hospital de Tavera (1541-1551) e realizou a Puerta Nueva de Bisagra (1559). En Santiago de Compostela participou en obras subvencionadas polo arcebispo Alonso III Fonseca. En 1518 pertenceu á comisión de arquitectos encargada da resolución dos problemas de construción do claustro da catedral. Atribúeselle o proxecto da fachada do colexio de Fonseca.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Torrijos, Toledo -
Deceso
Lugar : Toledo