Covas, Santa María de

Covas, Santa María de

Igrexa parroquial situada en San Cristovo de Cea. De estilo barroco, construírona os mestres de obras Pedro de Rivas de Rebordelo (1768-1770) e Pedro Vidal (1773-1787). Consta dunha nave rematada en pináculos cara ao exterior. No seu interior destaca o retablo de estilo rococó, cun Cristo e cun relevo da coroación da Virxe. Na fachada principal cómpre salientar as imaxes da Asunción e do Apóstolo Santiago peregrino.