Cowper, glándula de
Cowper, glándula de
[ANAT]
Cada unha das dúas glándulas de aproximadamente 1 cm de diámetro situadas baixo da próstata. Segregan un produto alcalino, viscoso e mucoso, que constitúe entre o 2-5% do seme e que lubrifica a uretra e contrarresta o seu pH ácido. Tamén se coñecen como glándulas bulbouretrais.