Cox

Cox

Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, na comarca do Bajo Segura (5.750 h [1996]). Na agricultura predominan os cereais, os cítricos e os produtos hortícolas. É importante o gando porcino, aínda que tamén o ovino e o bovino. As únicas actividades industriais son as explotacións de canteiras de calcaria marmórea e a elaboración do cánamo. Do seu patrimonio destaca a igrexa parroquial de Sant Joan (s XVIII).