coxeira

coxeira

(

s f [PAT]

Alteración do aparato locomotor, especialmente a localizada nun dos membros inferiores, que provoca a deambulación irregular. Estas alteracións poden ser anatómicas ou funcionais. As anatómicas son de tipo conxénito, como as malformacións e as aplasias, ou de tipo adquirido, como as debidas á poliomielite, a amputacións ou a feridas. As funcionais poden estar causadas por parálises hemipléxicas, ciáticas e metatarsalxias, entre outras doenzas. As coxeiras son características da afección causal e teñen, xa que logo, un gran valor diagnóstico.

Sinónimos

Palabras veciñas

Coxcie Coxie | coxear | cóxegas | coxeira | coxén | coxeración | coxestión