Coxiella

Coxiella
[MONERA]

Xénero de bacterias da orde das rickettsiais. Do tipo Gram-negativas, son filtrables, parasitas obrigadas e moi resistentes aos axentes externos. Son bacilos ou cocos, aínda que presentan certo pleomorfismo, que lles poden producir diferentes infeccións aos animais, incluído o ser humano, como a febre Q causada por C. burnetti. Transmítense por diferentes artrópodos que actúan coma vectores.

Palabras veciñas

coxestión | coxestor -ra | coxía | Coxiella | coxigón | coxillo | coxín