coxía

coxía

(< ital corsia ‘corredor’)

  1. s f [MAR]

    Corredor central dunha galera que dividía os bancos dos remeiros de babor e de estribor.

  2. s f [ARQUIT]
    1. Espacio comprendido entre dous muros de carga.

    2. Corredor que dá acceso ás pezas laterais dun edificio.

    3. División, interior ou exterior, dun edificio delimitada polos vans.

    4. Espacio comprendido entre o coro e o presbiterio, delimitado por un enreixado ou unha varanda, que posúen algunhas catedrais.

    5. Sala dos hospitais alongada e con camas a un e outro lado.

Palabras veciñas

coxeración | coxestión | coxestor -ra | coxía | Coxiella | coxigón | coxillo