Craig, Edward Gordon
Director de escena, escenógrafo e teórico teatral. Formouse baixo a tutela de Henry Irving, un dos directores máis influentes da Inglaterra de finais do s XIX. Entre os seus traballos máis coñecidos están as realizacións escenográficas que realizou para Otto Brahm e Eleanora Duse, ou para o Teatro de Arte de Moscova, onde traballou como director nunha produción de Hamlet en 1912. Foi un dos máis importantes promotores do movemento antinaturalista e simbolista, que apostou por un teatro que, renunciando á palabra, explorase todas as posibilidades do espacio, do movemento, da luz e de elementos escenográficos móbiles, para converter o actor nunha supermarioneta ao servizo do espectáculo integral. As súas propostas, recollidas no libro On The Art of the Theatre (A arte do Teatro, 1905) e nos números da revista The Mask (1908-1929), que el redactaba case na súa totalidade, tiveron unha considerable influencia en directores e dramaturgos, como Max Reinhardt, Rafael Dieste ou Bob Wilson.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Harpenden, Hertfordshire -
Deceso
Lugar : Vence, Alpes Marítimos