Cranmer, Thomas
Cranmer, Thomas
Eclesiástico e reformador inglés. Foi o primeiro arcebispo protestante de Canterbury (1533-1556). Interveu no divorcio de Enrique VIII e Catarina de Aragón, e no matrimonio e divorcio deste con Ana Bolena. Impulsou a separación da Igrexa inglesa da de Roma e traballou na difusión da Biblia en inglés. Redactou (1549) e revisou (1552) The book of Common Prayer (Libro das oracións). Condenado por herexía por María I, foi executado.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Aslacton, Nottinghamshire -
Deceso
Lugar : Oxford