Craso Dives, Marco Licinio

Craso Dives, Marco Licinio

Cónsul e xeneral romano. Loitou na facción aristocrática de Sila durante a guerra civil (83-82 a C) e beneficiouse das confiscacións dos seguidores do grupo revolucionario popular liderado por Mario; acumulou, deste xeito, unha gran riqueza que aumentou mediante a especulación e os préstamos con usura. Nomeado cuestor no 81 a C, accedeu ao cargo de pretor no 71 a C, desde o que se enfrontou coa revolta de escravos dirixida por Espartaco, aos que derrotou en Lucania. Cónsul no 70 a C, exerceu a censura no 65 a C. Formou parte do Primeiro Triunvirato, xunto con Xulio César e Pompeio Magno, no 60 a C. Cónsul de novo con Pompeio (55 a C), serviu como procónsul de Siria no 54 a C, onde emprendeu unha campaña contra os partos na que cruzou o Éufrates e conquistou parte de Mesopotamia. No 53 a C foi derrotado pola cabalería dos partos na Batalla de Carres.

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Carres