Crassula

Crassula
[PLANTA]

Xénero de herbas da familia das crasuláceas. Presenta follas simples, enteiras e opostas, flores hermafroditas, trímeras ou tetrámeras, e froitos en polifolículo. Dun total de 250 especies, en Europa pódese localizar C. tillaea, que aparece formando tapices avermellados sobre substratos rochosos.

Palabras veciñas

craspedomonadal | craspedota | Crassigyrinus | Crassula | crasuláceo -a | Crataegus | cráter