cráter

cráter

(< lat crater < grκρατήρ ‘vaso, vasilla’)

  1. s m [ARQUEOL]

    aso grego de grandes dimensións, no que se mesturaba auga e viño. Segundo a súa forma externa adoitaban diferentes nomes: o cráter de columnas tiña as asas dispostas amodo de fustes ou cilindros verticais; o cráter de volutas caracterizábase por ter as asas desta forma sobresaíndo da boca do vaso; o cráter de cáliz tiña forma de trapecio invertido; e o cráter de campá adoitaba a forma de campá invertida coas asas na barriga do vaso e non na boca.

  2. s m
    1. [XEOG]

      Depresión circular, de paredes abruptas, situada polo xeral na parte superior dun volcán. É o punto por onde saen os materiais eruptivos á superficie. Na maioría dos casos, é a depresión central do cono volcánico, aínda que tamén se poden localizar nas ladeiras ou ao pé do cono volcánico.

    2. Calquera cavidade circular que se asemella a un cráter.

      Ex: A planicie estaba chea de cráteres dos que non se sabía a súa orixe.

  3. cráter lunar [ASTRON]

    Denominación incorrecta aplicada ao circo lunar.

  4. cráter meteorítico [XEOG]

    Cavidade da superficie da Terra producida polo impacto dun meteorito ao caer.

Palabras veciñas

Crassula | crasuláceo -a | Crataegus | cráter | Craterellus | crateriforme | Crátero