Craterellus
Craterellus
[FUNGO]
Xénero de fungos da orde das cantarelais. Presenta cogomelos de cor cinsenta escura ou negra, de ata 15 cm de alto, con forma de funil, de pé curto, oco e de cor máis escura, co himenio na cara externa, que é mais ou menos lisa con lixeiras engurras lonxitudinais e a parte interna cun veludo lixeiro. En Galicia están presentes, baixo árbores caducifolias, as especies C. cinereus e C. cornucupioides. Aprécianse en gastronomía, especialmente secos e como condimento. Reciben o nome de corno dos mortos.