creatina
creatina
(< grκρέας -ατος ‘carne’ + -ina)
-
s
f
[BIOQ]
Substancia relativamente pouco soluble en auga e insoluble no éter, que aparece no tecido muscular. En combinación co ácido ortofosfórico orixina o fosfáxeno ou fosfocreatina, que intervén na cesión de enerxía para a contracción muscular. Sintetízase no fígado e nos riles, e en solución acuosa dá lugar á creatinina.
-
creatina fosfato
[BIOQ]
Sal que forma a fosfocreatina con ións metálicos.
-
creatina quinasa
[BIOQ]
Enzima que cataliza a fosforilación reversible da creatina polo ATP con formación de fosfocreatina.