creatina

creatina

(< grκρέας -ατος ‘carne’ + -ina)

  1. s f [BIOQ]

    Substancia relativamente pouco soluble en auga e insoluble no éter, que aparece no tecido muscular. En combinación co ácido ortofosfórico orixina o fosfáxeno ou fosfocreatina, que intervén na cesión de enerxía para a contracción muscular. Sintetízase no fígado e nos riles, e en solución acuosa dá lugar á creatinina.

  2. creatina fosfato [BIOQ]

    Sal que forma a fosfocreatina con ións metálicos.

  3. creatina quinasa [BIOQ]

    Enzima que cataliza a fosforilación reversible da creatina polo ATP con formación de fosfocreatina.

Palabras veciñas

Creagh, Sebastián | Creangă, Ion | crear | creatina | creatinase | creatinina | creatividade