Creagh, Sebastián

Creagh, Sebastián

Enxeñeiro militar. Participou xunto co enxeñeiro Juan Vergel nas obras da Audiencia da Coruña e probablemente deseñou o segundo plano deste edificio. En 1758 encargáronselle os cálculos e medicións para o agrandamento do cárcere real da Coruña.