creatividade
creatividade
(< creativo)
-
s
f
Capacidade humana de crear co intelecto ou coa fantasía.
Ex: A creatividade do artista quedou demostrada coa última obra.
-
s
f
[LING]
Capacidade da competencia de construír e comprender un número infinito de oracións que nunca se oíran ou pronunciaran antes. N. Chomsky considera a linguaxe como un proceso creativo, ao contrario co estruturalismo descritivo. Ademais distingue entre creatividade controlada por regras, que depende da competencia e consiste en producir oracións novas por medio de regras recursivas da gramática; e a creatividade controladora de regras, que inflúe no conxunto de regras existentes, depende da actuación (ou fala) e consiste en variacións individuais que poden modificar o sistema de regras.