creatinina

creatinina

(< creatina)

Nome científico: [2-amino-1-metil-4-imidazolidinona:C<sub> 4</sub> H<sub> 7</sub> N<sub> 3</sub> O]
s f [BIOQ]

Produto final do metabolismo da creatina que se localiza no tecido muscular e no sangue. Excrétase polos ouriños nunha cantidade de aproximadamente 15-25 mg por quilogramo de peso, en 24 horas. Sinteticamente, obtense por tratamento da creatina con ácido clorhídrico. Na tecnoloxía alimentaria, a súa cuantificación analítica é útil para determinar a riqueza en extracto da carne dun produto alimenticio.

Palabras veciñas

crear | creatina | creatinase | creatinina | creatividade | creativo -va | creatorrea