Credi, Lorenzo de

Credi, Lorenzo de

Pintor italiano. Discípulo de Andrea del Verocchio, dirixiu parte das obras realizadas no seu taller, onde coincidiu con Leonardo da Vinci. As súas obras están executadas con precisión e minuciosidade. En 1497, influído polas prédicas de Savonarola, queimou as pinturas de tema profano, das que só se salvaron algúns retratos, como o Autorretrato (1488) e a Venus da Galleria degli Uffizi. Entre as súas obras relixiosas destacan A Nai de Deus entre San Nicolás e San Xián e San Miguel (1523).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Florencia

  • Deceso